lunes, 27 de febrero de 2012

Lugares en Visantoña


Ola de novo a todos! Que tal?
Pois antes de seguir actualizando con cousas que van pasando en Visantoña, vouvos dicir un pouco onde se sitúa, e que encontramos nela! 


Visantoña atópase no Concello de Santiso.  Sitúase onde está a flecha.




Polo borde de Visantoña, separando a provincia de A Coruña e Pontevedra encontramos o río Ulla. Neste sitúase unha barca pa pasar os coches dun lado a outro.

















Contamos cun roteiro(PR-G 125) que nos leva por Visantoña.Conta con 14.9 Km. de percorrido, que transcorre en case toda a súa totalidade por camiños de terra que van ilustrando ó seu redor unha paisaxe de espectacular beleza. Esta ruta pode realizarse camiñando, en bicicleta ou en cabalo, tendo pouca dificultade técnica en calquera das tres modalidades.




Tamén temos unha piscina de verán, a que acude moita xente, un pouco máis arriba de donde está situada, encontraremos unha ludoteca, onde se teñen feito varias actividades( unha que se leva a cabo tódolos anos e o campamento de verán)e tamén unha pista de frontón. Debaixo da piscina encontramos unha parque para nenos pequenos. 



Podemos encontrar un centro de saúde.




E moitas cousas máis como:


Pazo de Villar de Ferreiros


Casas de turismo rural como é a casa Curros



Queixeria J.Varela


Un lugar de xuntanza para os veciños de Visantoña




Dous bares como son: o lareira e o mesón.


E máis cousas: Mobleria Visantoña, Carpinteria Visantoña, Pinturas Visantoña...








Máis información en: http://airesdabesenha.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario